Trabajos de estudio

Gres blanco torneado y bizcochado.
Esmaltes de baja temperatura y frita de baja.
Una vez cocido queda craqueado.
Altura: 30cms.

Homenaxe a Rosalía de Castro no seu 170 aniversario

 O rostro de Rosalía. Esmalte baixo cuberta
 
Unha vez tiven un cravo

cravado no corazón,

i eu non me acordo xa se era aquel cravo

de ouro, de ferro ou de amor.

Soio sei que me fixo un mal tan fondo,

que tanto me atormentóu,

que eu día e noite sin cesar choraba

cal choróu Madalena na Pasión.

“Señor, que todo o podedes

-pedínlle unha vez a Dios-,

dáime valor para arrincar dun golpe

cravo de tal condición”.

E doumo Dios, arrinquéino.

Mais…¿quén pensara…? Despois

xa non sentín máis tormentos

nin soupen qué era delor;

soupen só que non sei qué me faltaba

en donde o cravo faltóu,

e seica..., seica tiven soidades

daquela pena…¡Bon Dios!

Este barro mortal que envolve o esprito

¡quén o entenderá, Señor!…



Rosalía de Castro

(Follas novas, 1880)