SARGADELOS





Fué Antonio Raimondo Ibáñez, conocido como Marqués de Sargadelos, el que puso en marcha entre los años 1791 y 1806 el complejo industrial de Sargadelos. Comienza la producción de Sargadelos como herrería y fábrica de fundición de hierro para más adelante una fábrica de loza de concepción moderna aprovechando la calidad de los caolines de la zona, arcillas blancas muy puras.


Historia de Sargadelos, según Isaac Díaz Pardo:

“A partir do peche das fábricas de Sargadelos no 1875, apareceu unha nostalxia por aquela empresa que gardaba o alento e prestixio dun pasado industrial que ía ser recollido por historiadores.Na segunda década do século XX, un artista como Bello Piñeiro escribe a primeira historia da Cerámica de Sargadelos, e recolle e poetiza a nostalxia por aquela empresa.Aínda non pasaran 100 anos do peche das Fábricas de Sargadelos, cando a sorte que padecía Galiza empezou a preocupar a un grupo de intelectuais galegos exiliados na República Arxentina e así xurdiu a idea de recuperar memoria histórica, pois factores coma o tempo que pasa e a inclemencia e a impiedade dos homes tíñana agochada. Neste grupo estaban Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Luís Seoane, Antonio Baltar, Blanco Amor, Núñez Búa, Arturo Cuadrado, Laxeiro, Ramón de Valenzuela… entre os galegos, mais había outros que non sendo galegos se interesaban polos temas que nos preocupaban. Eu estaba polo medio de informador do que acontecía na terra, pois era un emigrante intermitente que en 13 anos crucei 30 veces o Atlántico”. “No ano 63, coas ideas recollidas, Luis Seoane e mais eu acordamos crear o Laboratorio de Formas(doc.) , ao que logo se sumaría na Galiza o arquitecto Andrés Fernández-Albalat, subscribindo un documento de intencións. Xa entón tiñamos unha boa información das preocupacións que prevalecían na Europa na primeira metade do século XX, alentadas polas ideas revolucionarias que se desenvolveran no século XIX que ían cambiar as artes e as letras, a economía e a sociedade: o que hoxe coñecemos como os movementos das vangardas históricas. Mais o Laboratorio de Formas tiña unha filosofía: se as formas son unha linguaxe interesa como en toda linguaxe coñecer o étimo das palabras. Luis Seoane, ao falar da configuración ten avogado “por un deseño que recolla as características de cada país”, e as do noso chegaban a nós a través das grandes frustracións que nos condicionaron. Así, nese programa de recuperación da memoria histórica estaba a recuperación da obra e da documentación do movemento renovador da arte galega a partir de Castelao; a recuperación posible do espoliado Seminario de Estudos galegos; a recuperación de Sargadelos como a empresa industrial de máis alento e prestixio do noso pasado, unha editorial que recollera as vicisitudes históricas da contenda civil do século XX e a do exilio, dotando as institucións dos Laboratorios e dos Centros de Investigación que requirían. Dalgunha maneira este proxecto puido ter algunha realidade: a que fica á vista, unha realidade sempre estorbada polo mercantilismo e o egoísmo destes seres que pululan, que deforman a visión das cousas pois para realizar, para deseñar, para configurar este proxecto, non abonda só con saber escribir ou debuxar, senón que hai que ter na visión de futuro o amor a Galiza e o compromiso coas causas xustas que tiveron estas xentes que serviron de inspiración ao Laboratorio de Formas e que sacrificaron toda a súa vida no desterro antes de colaborar coa súa presenza ou co seu silencio na sorte abafada que padeceu o noso pobo, Galiza”. Tomado de SARGADELOS, un patrimonio transmitido, Isaac Díaz Pardo.




En 1952 se constituye la sociedad "Fábrica de Cerámica do Castro" en la que era cooparticipe Isaac Díaz Pardo. Tres años después se creó una proyección del "Castro" en Argentina que estuvo en funcionamiento durante 30 años y que fue una herramienta para que aquellos intelectuales gallegos que allí se encontraban exiliados participaran del desarrollo económico y cultural de Galicia.

En el años 1963 se creó el convenio "Laboratorio de Formas".

La guerra estalló cuando la actual directiva decide prescindir de Isaac Díaz Pardo e hijos, polémica que saltó a la prensa y por la cual se creó una Comisión de Investigación para tratar de esclarecer lo acontecido, siendo esta sus conclusiones:

“A Comisión Sargadelos nace co propósito de documentar, estudar e divulgar as circunstancias polas que un grupo de socios, colaboradores íntimos e de toda confianza de Isaac Díaz Pardo, o traizoan nos primeiros meses de 2006, expulsándoo das empresas que el creou, ampliou, expandiu e dirixiu durante máis de cincuenta anos, negándolle o acceso ás súas instalacións (nalgúns casos cambiando as pechaduras), a información económica semanal ou mensual, así como o desmantelamento da infraestrutura cultural e o abandono da filosofía de servicio a Galicia que posuía o grupo Sargadelos (museos, editoriais, imprenta, bibliotecas, centros de documentación e investigación…), filosofía que foi a que caracterizou ás empresas fundadas por Díaz Pardo neste medio século de intenso compromiso con Galicia”…” O cerebro da felonía é Santiago Sineiro García, apoderado de Díaz Pardo dende os primeiros anos setenta e colaborador íntimo del, xa que levaba a xestión legal de todas as sociedades do Grupo Sargadelos, así como a súa política comercial e a administratación dalgunhas das súas empresas”… ” Os outros tres acólitos que están na “operación de derribo” de Díaz Pardo son tres membros da familia Vazquez Freire, vinculados a Cerámicas do Castro S.L.: José Luis Vázquez Freire, o seu fillo José Luis Vázquez Montero e o seu sobriño Ángel Vázquez Mosquera. O primeiro, é socio de Cerámicas do Castro dende os anos cincuenta, cando ao marchar Isaac á Arxentina, a montar a fábrica Porcelanas de Magdalena, regaloulle case un 10% do accionariado”. MINISTERIO DE JUSTICIA (BOE 11 de 13/1/2004)… RESOLUCIÓN de 9 de diciembre de 2003, de la Dirección General de los Registros y del Notariado, en el recurso gubernativo interpuesto por Fábrica de Cerámica del Castro, S. L., frente a la negativa de la Registradora Mercantil de A Coruña, doña María Jesús Torres Cortel, a inscribir un acuerdo de aumento de capital social. Esta Dirección General ha acordado desestimar el recurso.



De lo que tenemos la total seguridad es de que Sargadelos y especialmente su Laboratorio de Formas ha sido, es y será un referente histórico y cultural de la historia de Galicia.
Binomio de industria y arte que ha traspasado nuestras fronteras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario